viernes, 23 de julio de 2010

A PRIMEIRA COBRA

Durante moito tempo as nosas cacerías de naturalistas estaban adicadas aos seres voadores.Aos miñatos que esvaraban polo ceo de Riofrio chiando a procura de compañía e a eses grandes bandos de paxariños invernais que
enchen as árbores ribeiriñas.Pero foi un día como calquera outro, cando cruzando cara a illa de Ribadete apareceu algo estrano.De súpeto,entre boiantes espigas de agua saíu como un lostrego unha criatura acuática.Sen darnos conta xa estaba nas nosas mans, pois tiñamos a mala costume de coller animais descoñecidos e logo preocuparnos se serían perigosos ou non.Era a nosa primeira cobra de auga,despois de apuntar nos nosos cadernos todos os seus datos,cores e cheiros marchou outra vez ao refuxio das espigas.E deste xeito, a natureza abriunos outra das súas apaixonantes portas,desde entón os nosos ollos no só albiscaban as alturas do ceo, senón que non deixaban de ollar a herba,a agua e a terra, por si aparecía un novo lostrego de escamas.Agasallo para as nosas mans.

1 comentario:

  1. É un gustazo como o contas, transmites toda a paixón do descubrimento.
    Grazas.

    ResponderEliminar