domingo, 26 de septiembre de 2010

A MIGRACIÓN DE OUTONO

Sen lugar a dubida un dos acontementos que máis marcou a miña vida naturalista foron os limícolas.Non me esquecerei do primeiro encontro.
No ano 1983 camiñabamos Miguel máis eu polas areas solitarias da praia de camposancos en A Guarda.O día esta escuro e o mar golbeaba con forza sobre as rochas destruindose en anacos de escuma.De supeto,entre as moreas de algas acumuladas polas mareas corriqueaban un pequenos animais. Bulian sen pausa cun nervio propio das formigas.Rapidamente sen falarnos,pois xa tiñamos ese tic,collimos os prismáticos e apareceron os cores sobre a plumaxe,os seus ollos como pequenas pingas que descansan.Alí estaban por primeira vez os virapedras.Quedamos bastante tempo en silenzo.Degustando a imaxe enchida
da luz debil do día.Os virapedras eran sete e empeñabanse en revolver as algas verdes en procura das pulgas de area.Despois ofreceron outro espectáculo cando o grupo botouse a voar.Xuntaron no aire e acompañados de fortes chios movianse como un repertorio acrobático. Todos xiraban no preciso momento, cambiado de cor aquel bando que lanzabase sobre o vento e o mar.O dorso das ás dos virapedras quizais sexa das máis fermosas de todos os limícolas, debuxados por rechamantes liñas brancas,como precisos trazos de artista.Cando rematamos de cazar,como era costume, unha boa presa de beleza non dimos grandes abrazos de alegria.E alí estamos nós, abrazados,a soledad invernal da praia,e os virapedras chiando xa de lonxe,e sempre regresaba a mesma pregunta a min:Seremos nós os únicos que sabe destes segredos?

Dende ese momento os setembros invernos e primaveras os dedicamos por enteiro aqueles seres que habitaban na brancura da area e nos lamazais das marismas.E as sorpresas non deixarón de cesar.

FOTOS DE VÍCTOR LÓPEZ ROMAN.NON HAI DEREITOS, SE PODEN COLLER PARA O QUE QUEIRADES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada