domingo, 3 de octubre de 2010

O CULLEREIRO
A NUBE NA TERRA.

Despois de descobrir os grandes acontecementos que agochaban marismas e praias, chegou outro agasallado de beleza, outro retazo de vida que permacía en segredo.No 1987 nos falaron na enseada do Grove. Un amplo mar descansando, protexido polo istmo do areal do Bao, a Illa de Arousa,e o Grove.Cando baixa a marea o mar marcha e deixa un amplo lodozal que din que esperan as aves para comer.

E alí marchamos,entre bus e outro bus,camiñando,e outro bus,camiñando,e outro bus. Pero por fin chegamos. No momento que os nosos ollos abrironse cara a aquelas augas que durmian, quedamos novamente nese silenzo que nos deixaba aparvados.No auga navegan milleiros de parrulos de diferentes especies, abrindo paso entre o camiñar torpe das zancudas,como garzas e garzotas.Milleiros de limícolas agrupabanse por especies, descansando coa cabeza recollida entre as plumas do lombo e os pés mollados na azul da enseada. De supeto, algun grupo tomaba o aire e no ceo semellaban un enorme enxame que se revolvia entre as nubes e o sol. Era imposible atender a tanta beleza a vez.Pero o enseada tiña agochado aínda o seu mellor tesouro.Mentras os nosos prismáticos saturabanse de imaxes apareceu unha gran zancuda. Esta era moito maior que a garza cinceta e garzota.Contendo a emoción pasabamos as páxinas da guía de campo cos nervios nas punta dos dedos. Entón dimos co nome humano daquela ave branca,que pousada sobre as augas, como pequerrechas nubes que quedaran atrapadas na marea.Eran os cullereiros ( Platalea leucorodia). O seu peteiro a xeito de culler foi a chave para acertar con nome da especie. E nos marchamos, outra vez, atopando un mundo fermoso que latexaba tan cerca que non deixaba de sorprendernos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario