martes, 5 de octubre de 2010

O MISTERIO DA RESPIRACIÓN DO BOSQUE ESCURO ( I PARTE)

Miguel Máis eu descansabamos na terraza da casa de Riofrío (Mondariz-Balneario). Chegábamos cos pés cansos de terra e os ollos frescos de aguias e bolboretas.

A tardiña alumeaba con forza o brillo de Véspero sobre un ceo limpo que se destintaba de azul, enchéndose dun enorme urticaria luminaria de estrelas. Miguel e
máis eu respirabamos con forza collendo o derradeiro aire de clorofila dos montes que marchaba na noite. Entón foi cando eu case morro do susto.Diante dende as casas da aldea que empoleirábanse na montaña, saíu un aturuxo que retumbou por todo o val sacudindo as doces cincentas pombas que durmían.


-Pero Miguel que é iso?

-Nada, e miña avoa que nos chama para comer.

Entón Miguel levantouse con pose de pregoeiro de festas e solto outro deses aturuxos potentes que case me rebenta o tímpano.Era algo así como:

!!aerrtalataaaata!!

Ante a miña cara de asombro Miguel respondeume.

-Dis que vaimos a comer.

Non podía ser; en Riofrio tiñan unha lingua propia,quizais herdada de cando os suevos estiveron no Reino de Galiza,ala polo século V,porque aquilo era incomprensible para cal quer humano.

Unha vez comprendido que aquel lugar tan pequerrecho tiña lingua propia: "os aturuxos de Riofrio", nos levantamos do descanso e nos fomos xa con a escuridade da noite pechada cara a casa da avoa.

Tiñamos que cruzar unha gran corredoira.

Era apaixonante sempre camiñar por estes carreiros amparados nas vellas pedras que tanta beleza agochaban.

!!Pero sempre de día!!

Non me gustaba nada a ídea de ir de noite, pois a cousa cambiaba.

A corredoira despois das doce era paso da Santas compañas,de Tardos sobre lombos de cans,e de outros demos.

O peor era pasar polo bosque escuro. Un piñeiral fermoso de día pero que noite quedaba nun silenzo seco,como unha paisaxe espectral esperando un visitante insensato.

Entón para colmo da miña pouca valentía, do bosque escuro saíu unha profunda respiración que inundou a corredoira, o meu corazón,e os ollos de Miguel que ollaba para min buscando resposta.

-Que demo é iso.

-Non sei pero nos vamos.

-Espera pode ser un animal interesante.

-A min me da igual neste momento renego do xuramento naturalista e voume correndo.

-Pero parece Darth Vader o das Guerra das galaxias-.Dicía Miguel entre broma e morto de medo.

A verdade era tentador averiguar que era aquilo tan misterioso que producía un son tan esperpentico nas mesmas entrañas do bosque escuro

Deste xeito, aquela noite entre as vellas paredes da corredoira que subía a EIRAVELLA,descobrimos que a nosa paixón naturalista era máis forte que calquera representación de medo, e cegados polo sangue fervente da curiosidade, incoscientemente,nos entregamos nas sombras do bosque escuro con todas as súas maldicións e demos, para intentar capturar aquela criatura que laiba como un pantasma ferido na mesma sombra do medo.

2 comentarios: