sábado, 29 de diciembre de 2012


O berro daquela besta cada vez asustaba máis. A lúa quedou enchoupada polo manto das follas de dous carballos centenarios deixando todo nunha cega escuridade.

-E mellor machar- Dixome Miguel cando viu que todo era noite.

Eu por un momento estaba totalmente de acordo, a onde íamos nós a buscar un berro tan éstrano? que no saia nas nosas guías de campo.O lóxico que fose algo de outro mundo, ou deste baixo  a tela do telúrico.

Pero ambos nos miramos,o que podiamos por que a noite xa era todo,e sabiamos que si non dabamos co misterio de aquel ser que estaba no alto dunha árbore como un demo, non poderiamos estar tranquilos toda a nosa vida. Así que seguimos con a camiñada ata a o berro da fera.

Cando nos demos de conta xa estamos na árbore que sostiña  aquela voz de ultratumba.
Respiramos profundo e intentamos albiscar entre a ramallada negra aquelo que chiaba
P or toda a comarca.

-Eu non vexo nada- Falaba Miguel con voz tremida.

-Eu tampouco.vexo nada máis que ramallada.

Entón Miguel prendeu unha lanterna e a luz viaxou ata o alto das pólas daquel piñeiro.
E alí estaba ,por fin !! todo estaba aclarado a nosa sorpresa foi grata.Quen o ía a imaxinar?



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada